O Narciso Umbrío en Rianxo
Paseo pola vila de Castelao, na mañá do sábado, 9 de febreiro do 2008.
* O que máis me gusta deste nervoso vídeo escóitase máis que verse: as campás, os zapatos de tacón, a porta que se pecha, a educada persoa que di "ola, bo día" en 5:19, e a secuencia da nena coa acompañante, as dúas con esa deliciosa musicalidade do típico e marabilloso acento rianxeiro.
* Lémbranse aquí as figuras rianxeiras de Castelao e Rafael Dieste (Manuel Antonio queda para Asados).
Membro dunha familia talentosa, Rafael Dieste - acabo de saber que o seu nome completo é Rafael Francisco Antonio Olegario Dieste Gonçalves, por nomes non será - é un escritor moi fino (chega con ver o precioso título do seu libro de poemas: "Rojo farol amante") e del o que máis me gustou de momento é o conto "La asegurada" (sae Ponte Beluso!). Parece ser que o meu pai Manuel era o taxista favorito da dona de Rafael, Carmen Muñoz Manzano, inspectora de educación. Segundo conta Ramón Noya, o médico que axudou a traerme ó mundo no Araño, en Rianxo chamaban ao meu pai "el taxista caballero" pola súa cortesía e tal vez tamén porque estaba sempre a ler na parada dentro do seu Seat 1500 branco. Tamén foi cliente seu o poeta delicado de Isorna, Faustino Rey Romero, amigo da familia.
Un dos grandes pesares do meu pai é non ter tratado ou visto sequera a Castelao. Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao é para moitos o galego máis importante da historia. Eu entrevistei á súa irmá Teresa, amiga das irmás de Agrelo, miña nai Concha e miña tía Carmucha, e vin nela o rostro de Castelao. Persoalmente, penso que Castelao non está tratado en Galiza como se merece: é unha especie de icona/comodín, case un boneco ou un símbolo - ás veces unha excusa hiperenxebrista mal dixerida ou enfocada - máis que unha persoa, cando el era tan consciente das persoas e das inxustizas. Como caricaturista coido que está á altura dos máis grandes: Daumier, Goya. Emocióname pensar que os pobres e os tremendos nenos que debuxaba eran a xente de Rianxo e o entorno - tamén os caciques. Como pintor, está moito menos valorado do que sería xusto. Como etnógrafo é moi interesante. Como actor de cine, pareceume graciosa a súa longa figura relixiosa na secuencia gravada na illa de A Toxa. Como político, loitou por nós. Da súa obra escrita téño unha opinión reservada porque me queda aínda moita por ver.
* Un saúdo agarimoso para o meu amigo, e amigo do meu pai, o xornalista, músico e escritor rianxeiro Manuel Dourado Deira, gran defensor toda a vida de Castelao.
Channel: Travel & Events
Uploaded: November 30, 1999 at 12:00 am
Author: xensboy
Length: 08:23
Rating: 5.00
Views: 1030
Tags: Castelao Dieste Faustino Isorna Narcissus Paredes Rafael Rey Rianxo Romero Rábade Shadowy Xesús
Video Comments
|
xensboy (November 30, 1999 at 12:00 am)
Thanks a lot, Nirva from Kurtulus (I don't have the special "s" on my keyboard). Due to the nature of your videos, it's natural that they deal with your own self, but they are really aimed at everyone who may feel what you feel. Dedicating is a form of love and respect which is really enjoyable ;)
nir1971 (November 30, 1999 at 12:00 am)
my hometown is Kurtulus, Istanbul
it is wonderful that you dedicate your videos to people, I have a lot of things to learn from you, for me it is always me and I don't like it..
xensboy (November 30, 1999 at 12:00 am)
On this video, which I recorded feeling too much nervous tension, coincidence once again helped me: it brought the bells ringing as if in tribute, the sound of high heels to add glamour, a closing door meaning spirited pride, and the lovely sound of the Galician language, as spoken by a little girl and her young companion, in the Rianxo accent.
xensboy (November 30, 1999 at 12:00 am)
Castelao was crucial for the defense of Galician culture, which runs the peril of disappearing due mainly to the overpowering influence of the Castilian or Spanish culture.
xensboy (November 30, 1999 at 12:00 am)
Hi there! Thanx for your comment. What is the name of your hometown? I'd like to look it up. For this video, I used my native Galician language because it is mainly dedicated to the man in the bust, Castelao, who usually appears in photographs with round eyeglasses like John Lennon.
nir1971 (November 30, 1999 at 12:00 am)
this shoot reminded me of my home, typical Europpean city full with history, I really like parque streets and old apartments with balcony... |
|